Estreo nacional da película de animación “O Apóstolo”, cuxos decorados poden visitarse no Museo Etnográfico de Quiroga

O director do filme, Gonzalo Cortizo, a produtora Isabel Rey, o actor Carlos Blanco, que dá voz a un dos personaxes, e o conselleiro de Cultura en funcións, Jesús Vázquez Abad, no estreo da película “O Apóstolo”. Conchi Paz.

Na noite de Defuntos estreouse o filme de animación “O Apóstolo”, dirixido polo compostelán Gonzalo Cortizo e cuxos decorados poden visitarse na exposición permanente instalada no Museo Etnográfico de Quiroga. Este filme, producido por Artefacto Produccións, contou, entre outras achegas públicas, co apoio da Xunta de Galicia a través dunha subvención de 321.020 euros distribuídos en catro anualidades desde 2008, así como coa achega de máis de 600 persoas que se converteron en valedores da iniciativa a través do sistema de crowdfunding.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O telecentro de Quiroga desenvolve un curso sobre creación multimedia e web 2.0

Seguinte Nova

Debate sobre o porto seco de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: