Monforte dispón dun novo contenedor de aceite doméstico usado

A concellería de Medio Ambiente de Monforte instalou un novo contenedor de aceite doméstico usado na rúa Calvo Sotelo, xunto ós contenedores soterrados preto da Escola de Idiomas. Debido do “notable incremento” que se está a rexistrar no depósito de aceite de cociña usado, os responsables municipais de Medio Ambiente chegaron a un acordo coa empresa Procesadora Gallega, encargada da xestión desta recollida, para sumar un contenedor máis aos oito que xa levan funcionando na cidade dende decembro de 2007.

UN 68% MÁIS DE DEPÓSITOS QUE O ANO PASADO

Según explicaron dende a Concellería de Medio Ambiente, a recollida de aceite doméstico usado nos últimos oito meses deste ano incrementouse máis dun 68% con respecto ao mesmo periodo de 2011. Dende o Concello agradecen a colaboración da cidadanía nesta tarefa de reciclaxe, xa que un quilo de aceite usado tirado polo vertedoiro contamina 1.100 litros de auga limpa dos ríos. Asimesmo, lembran que o aceite doméstico usado debe depositarse nos propios envases que se utilizan para levalo ó colector, e que deberán ser obrigatoriamente de plástico.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Debate sobre o porto seco de Monforte

Seguinte Nova

Sober avalía o I Plan de Igualdade Municipal

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: