O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra renova a súa imaxe web

Nova imaxe do portal do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. EC.

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, que agrupa a vinte concellos do sur de Lugo e norte de Ourense, ven de poñer en marcha o novo formato da súa páxina web. Esta nova presentación, accesible a través da dirección http://turismo.ribeirasacra.org/rs/es/, ofrece un portal “totalmente renovado, de fácil navegación, presentación intuitiva, deseño atractivo e que responde á imaxe de campaña que se ven desenvolvendo ao longo do ano”, explicaron os responsables do ente supramunicipal. Dende o Consorcio puntualizan que ao longo deste mes estarán a traballar na mellora e ampliación dos contidos deste portal, co obxectivo de “convertir esta web nun referente dos soportes de información turística on line de Galicia, co dinamismo como principal elemento”.

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA «E TI QUÉ VES EN OUTONO?»

Por outra banda, o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra ven de convocar o Concurso de Fotografía “E ti qué ves en outono?”, para instantáneas, enviadas antes do 12 de decembro, en torno á paisaxe de outono da Ribeira Sacra. A ferramenta para participar neste concurso pode atoparse na dirección de facebook do Consorcio https://www.facebook.com/ribeirasacraCT/app_79458893817. Haberá un premio, outorgado polo xurado, que consistirá en diploma e estancia en media pensión para dúas persoas nun establecemento de turismo rural da Ribeira Sacra, e outro premio, outorgado pola comunidade facebook, que consistirá en diploma e lote de merchandising oficial da Ribeira Sacra.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Recoñecemento oficial á riqueza paisaxística do río Loio

Seguinte Nova

Un paseo por la historia del Club Lemos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: