O telecentro de Quiroga desenvolve un curso sobre creación multimedia e web 2.0

Desde o  19 de novembro e ata o 4 de decembro desenvolverase unha actividade sobre Creación Multimedia e Web 2.0 na Aula da rede CeMIT do Concello de Quiroga. O curso impartirase en horario de mañá, de 10,00 a 14,00 horas.

Os telecentros municipais están adscritos á Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (CeMIT), presentes en 92 concellos galegos. Arquivo EC.

CONTIDOS E DURACIÓN DO CURSO

Esta actividade gratuíta de 40 horas ten por obxecto facer un percorrido polos procedementos básicos de creación de contidos adaptados á web, o proceso de obtención, edición e optimización, e finalmente, publicación en servizos web 2.0, con textos, imaxes, audio ou vídeo.

SISTEMA DE VIDEOCONFERENCIA

O curso desenvólvese na Aula CeMIT de Quiroga, situada na Casa da Cultura, así como noutras 35 aulas en diferentes puntos de Galicia, entre elas a de Sarria, mediante o sistema de videoconferencia, que permiten a comunicación entre todos os participantes en tempo real a través de imaxe, chat, compartición e control de aplicacións remotas.

PLAN DE DINAMIZACIÓN

Según informaron os organizadores, esta actividade desenvólvese no marco do Plan de Dinamización 2012, no que a Rede CeMIT levou a cabo distintas actividades relacionadas co sector multimedia e audiovisual, como o curso sobre streaming de audioe vídeo, posicionamento web, televisión en internet ou producción audiovisual, entre outros. O Programa de Formación da Rede CeMIT está cofinanciado polos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

INCLUSIÓN TECNOLÓXICA PARA TODA A POBOACIÓN

A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), integrada por 98 aulas de 92 concellos, busca promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Quiroga benefíciase dunha achega do Fondo de Compensación Ambiental

Seguinte Nova

Estreo nacional da película de animación “O Apóstolo”, cuxos decorados poden visitarse no Museo Etnográfico de Quiroga

Últimas noticias sobre CULTURA

 TRADIGALU 2023

Programa de conservación, promoción e difusión da riqueza musical, aproveitando a división comarcal da provincia de

MORGAN

Un dos primeiros grupos confirmados para o Festival 17º 2023 Xa está en marcha a edicicón

ESPECIAL ENTROIDO 2023

Imaxinación e moita festa no Entroido no sur de Lugo SARRIA QUIROGA SOBER BÓVEDA BROLLÓN CHANTADA

A %d blogueros les gusta esto: