Premio á calidade na industria alimentaria de Chantada

Lugar Daveiga recibe o Premio Líder en Calidade de Galicia no apartado de Alimentación

As galletas Mariñeiras, elaboradas pola empresa chantadina Lugar Daveiga, foron recoñecidas nos premios Líderes da Calidade de Galicia. (Némesis Creaciones.)

Con motivo da Semana Mundial da Calidade, Expourense organizou, co patrocinio de Galicia Calidade, a Xornada de Exaltación da Calidade en Galicia. No evento, entregáronse os premios “Líderes en Calidade de Galicia, que na categoría de Alimentación recaiu na empresa chantadina Lugar Daveiga. O recoñecemento á empresa elaboradora das galletas mariñeiras reafirma o seu compromiso coa calidade a través da implantación dun Sistema Integrado de Calidade, Medioambiente e Seguridade Alimentaria, sendo empresa pioneira na implantación dende o ano 2008, das certificacións ISO 9001, ISO 14000, ISO 22000 e IFS.

A CALIDADE, “A NOSA APOSTA ESTRATÉXICA”

Os responsables da empresa Daveiga destacaron que “todo premio é importante, pero para nós este é máis significativo, xa que recoñece a nosa aposta estratéxica pola calidade, dende os inicios do proxecto, sendo esta unha das principais señas de identidade de Daveiga”. A empresa chantadina ten no seu haber diversos galardón, entre os que destacan o Premio á excelencia empresarial en Responsabilidade Social no IV Concurso Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal, e a Mención no XXII Concurso de Innovación Tecnolóxica da XXXI edición da Semana Verde de Galicia. As Mariñeiras foron recoñecidas cunha estrela polo International Taste & Quality Institute (iTQi), de Bruxelas, en abril de 2009.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte, sede do Campionato de España de Seleccións de Fútbol

Seguinte Nova

O CSIC ensinou viticultura no IES A Pinguela

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: