Preto de 15 millóns de euros para a mellora das condicións de vida no rural

Medio Rural a través de Agader aprobou 374 proxectos

Servizos básicos, conservación do patrimonio rural e fomento de actividades turísticas son as principais actuacións obxecto destas subvencións a concellos e mancomunidades de municipios

A Consellería de Medio Rural e do Mar, a través da Axencia de Desenvolvemento Rural (AGADER) destina 14,8 millóns de euros aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para os anos 2012-2013, proxectos que serán cofianciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

MELLORA DAS CONDICIÓNS DE VIDA NO RURAL GALEGO

Estas axudas destínanse a servizos básicos para a economía e a poboación rural, a accións de conservación e mellora do patrimonio rural e ao fomento de actividades turísticas. Os beneficiarios son concellos ou mancomunidades de municipios que coas súas iniciativas busquen a mellora das condicións de vida no rural, e que contribúan á implantación e mellora de servizos á poboación e a crear, deste xeito, condicións favorables neste eido.

AXUDAS DESTINADAS A CONCELLOS E MANCOMUNIDADES

Na presente convocatoria, os beneficiarios son 204 concellos e seis mancomunidades de municipios cun total de 374 proxectos aprobados, que contarán cun crédito total dispoñible de 14,8 millóns de euros.

SERVIZOS BÁSICOS PARA A MELLORA DA CALIDADE DE VIDA

Dentro da modalidade de servizos básicos á poboación rural, na que se inclúen centros de día para a terceira idade, centros sociais, pistas multideportivas, parques infantís, áreas recreativas ou pequenas prazas públicas, aprobáronse 231 proxectos cun investimento total de 9.260.511,42 euros. Dentro desta modalidade de axuda, destinarase ao Concello de Bóveda 91.785,93 euros para o proxecto de humanización de prazas públicas, o Concello de A Pobra do Brollón ten concedidos 14.952,58 euros para a mellora da área de esparexemento en A Pobra, e o Concello de Sober beneficiarase de catro subvencións para a creación dunha praza de lecer en Sistín do Mato (6.740,75 euros), outra en Cimadevila (9.565,1 euros) e outra en Arxemil (9.402,37 euros), así como 28.014,74 euros para a humanización de espazos públicos no núcleo rural de Viloudriz.

APOIO AO FOMENTO DAS ACTIVIDADES TURÍSTICAS

En canto ás axudas ao fomento das actividades turísticas, como páxinas web de promoción turística, creacións de áreas de servizo para autocaravanas ou puntos de atención turística e información ao peregrino, aprobáronse 34 proxectos por un importe total de 1.382.233,47 euros. Dentro destas iniciativas, destináronse 14.219,36 euros ao Concello de Chantada para a producción de audioguías turísticas da comarca chantadina.

MELLORA DO PATRIMONIO RURAL

Por outra banda, para os 40 proxectos aprobados de conservación e mellora do patrimonio rural destináronse un total de 1.751.384,11 euros, dos que 4.059,04 euros corresponden ao Concello de Chantada para o acondicionamento e ampliación da rede municipal de miradoiros.

ENERXÍAS RENOVABLES

Nesta convocatoria de axudas aprobáronse asimesmo 55 proxectos de apoio ás enerxías renovables, colocación de paneis solares para o abastecemento de enerxía en instalacións deportivas ou centros sociais, entre outras actuacións, por un importe total de 1.996.577,83 euros. Dentro deste grupo, destináronse catro subvencións ao Concello de Ribas do Sil para tres centrales solares fotovoltaicas na Casa Consistorial, no depósito de auga de Barreiro e no pavillón municipal, así como unha central fotovoltaica no depósito de auga de San Clodio, e tres subvencións ao Concello de Quiroga para instalación de central solar fotovoltaica de conexión á rede na Casa da Cultura, Auditorio e Polideportivo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A ampliación do paseo fluvial do Cabe, máis cerca

Seguinte Nova

Crítica á redución dun 34% nas partidas da Xunta e do Goberno central para políticas activas de emprego

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio