O Espazo Natural de Interés Local (ENIL) fai referencia a un espazo, integrado nun termo municipal, que pola súa singularidade sexa merecedor dalgún tipo de protección dos seus valores naturais

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza, rematará en breve o proceso para a declaración do Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Loio-Ruxidoira, no concello de Paradela, e a aprobación do seu Plan de Conservación. O territorio integrado nesta denominación abrangue as parroquias de Loio, San Martiño de Castro, Cortes, San Mamede de Castro, Laxe, Suar, San Miguel de Paradela, Vilaragunte, Francos, Barán e Ferreiros.
PLAN DE CONSERVACIÓN
O seu interese natural radica na diversidade vexetal, con predominio das especies autóctonas ao longo do trazado do Loio, co bosque de ribeira, os carballos e castiñeiros centenarios, os bosques naturais de especies autóctonas, e as formacións naturais de matogueiras, que constitúen interesantes representacións, a nivel local, dalgúns hábitats de interese comunitario definidos pola directiva europea relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestre.