Sober avalía o I Plan de Igualdade Municipal

Vixente entre 2008 e 2011, na actualidade o I Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes está sendo avaliado polo Concello de Sober coa colaboración da empresa OBZ Consulting, e co financiamento do Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Igualdade. O texto do informe final insistirá na necesidade de equiparar as funcións que mulleres e homes desenvolven diariamente. O Plan de Igualdade pretendeu recoller as inquedanzas da poboación local para planificar actuacións transversais en igualdade, estendéndose aos eidos educativo, laboral, sanitario, etc. As áreas de traballo do Plan foron a concienciación, sensibilización e política; área social; área de educación, cultura, deporte e ocio; área de formación e emprego, a área de participación e asociacionismo; a área de saúde e benestar e a área de prevención e eliminación da violencia de xénero.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte dispón dun novo contenedor de aceite doméstico usado

Seguinte Nova

Avances na financiación da mellora da depuradora do polígono monfortino

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: