Veciños de Bóveda visitan A Mariña co programa Km0

Un total de 48 veciños de Bóveda, membros da Asociación Ribas Pequenas, tomaron parte nun roteiro pola Mariña lucense dentro do programa Km0, promovido pola Deputación de Lugo. Tras seren recibidos no Pazo de San Marcos fixeron unha parada nunha olería de Bonxe, na que coñeceron as técnicas propias deste tradicional oficio. A continuación, dirixíronse ata o Concello do Vicedo, para coñecer a riqueza que agocha a Illa Coelleira, así como a actividade do porto da localidade. Pola súa banda, 48 veciños da Asociación Laxe Blanca do Corgo visitaron Sober para facer unha ruta en catamarán pola zona de Amandi, tras iniciar a xornada cunha visita ao monfortino Pazo de Tor. Asimesmo, 48 integrantes da Asociación Amigos, de Outeiro de Rei, realizaron tamén esta ruta, logo dunha visita a un obradoiro de Gundivós.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Precaucións para evitar intoxicacións por monóxido de carbono

Seguinte Nova

A ampliación do paseo fluvial do Cabe, máis cerca

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: