A UAD de Monforte fai campaña contra a SIDA

O equipo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade do Concello de Monforte, ven de poñer en marcha o Programa de Prevención na Escola para o curso 2012-2013.

PROGRAMA ESCOLAR

O programa vai dirixido ós centros de ensino de Monforte, e desenvólvese coa colaboración dos colexios e institutos de ensinanza secundaria. Os contidos temáticos impártense ó longo do presente curso escolar desde novembro ata o mes de xuño, en sesións de 50 minutos. O contido do Programa desenvólvese en diversos bloques temáticos, nos que se traballan materias relacionadas coa educación para a saúde.

DÍA CONTRA A SIDA

Por outra banda, con motivo do Día Mundial da SIDA, o equipo de prevención da UAD organizou unha programación de actividades en colaboración cos centros educativos durante a última semana de novembro. En 1998, a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou o 1 de decembro como Día Mundial da SIDA. Dende entón, coincidindo con esta data, persoas de todo o mundo xuntan esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e amosar solidariedade internacional ante a pandemia.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O pemento de Mougán, en Guntín, máis preto da categoría de Indicación Xeográfica Protexida (IXP)

Seguinte Nova

Brollón mellora a súa viticultura pola formación

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: