O Concello organizou un curso sobre poda e enxerta na Casa da Cultura
Como en anos anteriores, o Concello de A Pobra do Brollón ven apostando pola mellora no aproveitamento dos recursos naturais da zona coa organización dun curso de viticultura de calidade. Este curso, que contou cunha boa acollida polos seus 50 participantes, desenvolveuse na Casa da Cultura Olga Novo na última semana de novembro. As sesións estiveron a cargo de Francisco Rego Martínez, da Estación de Viticultura de Galicia, que falou sobre o deseño da plantación, os fundamentos da poda nas vides da Ribeira Sacra, as castes específicas desta denominación de orixe, os fundamentos da enxerta e a práctica da poda en finca.