O cineclube A Calexa cumple 15 anos
Estreo da curta “Birthday”, do produtor monfortino Iván Patiño, e de “Fame”, do tamén monfortino Manuel Valcárce, dentro da XII Mostra de Cine de Monforte que organizou o cineclube
O cineclube A Calexa leva quince anos ofrecendo aos monfortinos unha alternativa cultural e de ocio a través do cine de calidade. Co gallo da celebración da XII Mostra de Cine de Monforte, os responsables do cineclube deseñaron unha programación especial para conmemorar este aniversario. O venres 16 de novembro, o público que enchía a sala 3 dos Multicines Hollywood asistiu a unha sesión continua de curtametraxes de gran interés. “Pecados”, curta producida pola lucense Coolfilms, aportou á velada cinematográfica un thriller rodado en Lugo, coa intervención de Luis Iglesia (o inconfundible Carmelo Matalobos da serie televisiva). “Fame”, producida polo monfortino Manuel Valcárce e protagonizada por Mario Roldán, mergullou aos asistentes nunha rápida e intensa reflexión sobre a decadencia dun mundo ferido pola bomba atómica, nun marco natural de gran beleza rodado en Monforte. O estreo de “Birthday”, producida por Amanita Films, deu conta do exquisito traballo de produción de Iván Patiño nunha historia de amor urbán tamén rodada en Monforte. Na sesión, os asistentes poideron ver por primeira vez na gran pantalla “Un covarde”, a curta histórica producida por Patiño, e o tráiler do seu próximo traballo, o thriller “Deil”.