Monforte acolleu unha mesa redonda sobre balnearios galegos

Dentro da celebración do bicentenario do Dr. Casares

De esquerda a dereita, Ascensión Sánchez, directora médica do balneario de Lugo; José Carro Otero, presidente da Real Academia de Medicina de Galicia; Severino Rodríguez, alcalde de Monforte de Lemos; Luis Rodríguez Míguez, académico numerario de Hidroloxía Médica. EC.
Preto de medio centenar de asistentes escoitaron as intervencións de profesionais do termalismo galego.EC.

O salón de actos da Casa da Cultura de Monforte acolleu o sábado 24 unha mesa redonda sobre a actualidade dos balnearios galegos. Esta actividade, organizada pola Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia en colaboración con Balnearios de Galicia e o Concello de Monforte, enmárcase no ano de celebración do bicentenario do nacemento de Antonio Casares, sabio e químico monfortino, estudioso e impulsor das augas mineromedicinais de Galicia. Preto de medio centenar de asistentes escoitaron as intervencións de destacados profesionais do termalismo, como José Ramón Fernández, director xerente do balneario de Carballo, Ascensión Sánchez, directora médica do balneario Termas Romanas de Lugo, e Javier Soto, xerente de Caldaria Balnearios, que explicaron as características de cada centro e os servizos que ofrecen.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Todo listo para o inverno nas estradas autonómicas

Seguinte Nova

Sarria reivindica as súas tapas

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: