O traballo do director Manuel Fernández-Valdés titulado “Fraga y Fidel, sin embargo”, conta a historia da viaxe que o dirixente cubano Fidel Castro realizou en 1992 a Galicia para visitar a casa na que nacera seu pai. O entón presidente galego Manuel Fraga recibiu a Castro, según se recolle no documental, con grandes honras e preparoulle unha axenda cargada de paseos, homenaxes e celebracións. Según se indica na ficha oficial do documental, a pesares dos supostos contrastes, ambos persoeiros pasaron dous días xuntos. O documental é descrito polo seu director como “unha viaxe persoal a través desas corenta e oito horas”. Este traballo puido verse hai uns días no ciclo Cineuropade Santiago, e terá outro pase o vindeiro 15 de decembro no CGAI de A Coruña






