O pemento de Mougán, en Guntín, máis preto da categoría de Indicación Xeográfica Protexida (IXP)

O Diario Oficial de Galicia publicou o 21 de novembro a solicitude de inscrición no rexistro comunitario da Unión Europea da indicación xeográfica protexida Pemento de Mougán. Según explicaron os responsables de Medio Rural, o ámbito xeográfico da IXP Pemento de Mougán comprende a totalidade do territorio do concello lugués de Guntín. O nome da denominación “Mougán” é o do topónimo desta parroquia, dende onde partían no transporte público os pementos destinados ao mercado da capital. As características deste produto veñen recollidas no propio Diario Oficial de Galicia. A inscrición do produto como indicación xeográfica protexida baséase tanto nas súas características específicas ligadas ao territorio como pola súa reputación, fundamentalmente recoñecida no ámbito da Comunidade.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Cine monfortino na gran pantalla

Seguinte Nova

A UAD de Monforte fai campaña contra a SIDA

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: