Sarria reivindica as súas tapas

A sexta edición do Tapicheo conta coa participación de 35 establecementos

•Este ano deseñáronse cinco roteiros de sete establecementos cada un, para facilitar o percorrido aos que queiran participar na votación •A VI edición do Tapicheo bate récord de participación hosteleira, volcada “con ilusión en sorprender con sabores de calidade”

O responsable da asociación gastronómica e a concelleira de Cultura, María Ana de Jesús, posan na presentación do cartaz da VI edición do Tapicheo de Sarria. F.Cedida.

Do 1 ao 8 de decembro entre as oito da tarde e as once da noite poderase disfrutar da gastronomía lcoal polos 35 bares e restaurantes que este ano se sumaron á sexta edición do Tapicheo de Sarria. Todo listo por parte da hostalería local, coñecedora de que os sarriáns son esixentes, e por iso este ano moitos deles repiten, “con ilusión e excelentes receitas”, según explicou a concelleira de Cultura de Sarria, María Ana de Jesús.

CINCO ROTEIROS DE SABOR

Para non perder ningún sabor, este ano introduciuse como novidade un deseño de cinco roteiros, composto por sete establecementos cada un, e que terán un boa promoción dende a páxina web do Concello de Sarria (www.sarria.es). Según comentou María Ana de Jesús, “a idea de colgar fotos das tapas que cada establecemento aporte xa foi empregada con gran éxito o ano pasado, así se lle vai dando publicidade as tapas”. As rutas están diferenciadas nas tarxetas de votación por cores. A primeira ruta (cor azul) sitúase en Calvo Sotelo, cos establecementos Il Fiorino, La Tapería O Antoxo, El Parisién, D’Orixen, Cafetería La Polar, Cafetería La Luna e Don Pepe. O segundo roteiro (cor verde)leva polo Malecón aos establecementos La Cocina de Marta, Pizzería Salento, Taberna de Pili, Cafetería Next, Cafetería Santiago, Mesón Roberto e Hotel Alfonso IX. A terceira senda de sabores (roteiro de cor amarelo) ven dende o Parque do Chanto ata Calvo Sotelo por Benigno Quiroga, para disfrutar en O Chanto, Meigallo, Atlántico, Mesón Terras de Sarria, Gardel, Xuxú e Bar Adaxa. A ruta sigue cara o casco vello (roteiro de cor laranxa), por A Travesía dos Soños, Cafetería Anduriñas, Mesón O Tapas, Matías Locanda Italiana, Vilas Bar, D’Pont e Cafetería Central. Para cumplir ben co Tapicheo, hai que rematar no derradeiro percorrido (roteiro de cor rosa) por Diego Pazos e Gregorio Fernández, facendo parada en Novo París, 8 mm, Siete 2, Ave Turuta, Kronos, Alea e Manhattan. Unha proposta que non deixará indiferente a ninguén.

NORMAS DO TAPICHEO

Os que queiran optar aos premios deberán ter un mínimo de 25 selos dos 35 establecementos participantes, votando a un mínimo de cinco establecementos de cada roteiro (diferenciados pola cor). Haberá que puntuar tanto en tapa tradicional como en tapa innovadora, as dúas categorías nas que compiten os locais, aínda que algúns só ofrecen a tapa tradicional. Os que xunten 35 selos optarán por sorteo a unha viaxe para dúas persoas ás Illas Canarias, por cortesía dos establecementos do Tapicheo. Con 25 selos accederase ao sorteo de varios premios, como unha estancia dunha noite nun hotel de España ou Portugal, unha cea para dous, unha botella magnum de viño, un lote de tenreira valorado en 150€ e dous lotes de bebidas e viños.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte acolleu unha mesa redonda sobre balnearios galegos

Seguinte Nova

A Xunta destinou 270.000 euros para manter os empregos de traballadores con discapacidade en entidades da provincia de Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio