Silvicultura e prevención de incendios forestais: Preto de 60.000 hectáreas anuais, acondicionadas contra o lume

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, felicitou aos brigadistas polas tarefas de prevención que realizan no monte. CMR.

A Xunta de Galicia ven de anunciar o balance de actuacións no eido da silvicultura para a prevención de lumes na pasada lexislatura. Así, dende a Consellería de Medio Rural e do Mar realizáronse de media nos últimos catro anos tarefas de silvicultura e prevención de incendios nun total de 59.533 hectáreas por ano. En materia de prevención de incendios forestais, o presidente Alberto Núñez Feijóo explicou que a Xunta de Galicia está a facer “máis con menos”, xa que en 2012 se aumentaron as accións de control da biomasa e do combustible forestal ata as 33.500 hectáreas, fronte ás 27.000 hectáreas do ano 2008, mellorando a xestión e utilización dos recursos dipoñibles.

AS ACTUACIÓNS PREVENTIVAS NO ÚLTIMO ANO DOBRAN AS DESENVOLVIDAS EN 2008

Según suliñou o mandatario autonómico, esta mellora na xestión permitiu “manter e mesmo aumentar o esforzo noutro tipo de accións preventivas” como o caso da apertura e mellora de pistas, construción e mellora de puntos de auga e vixilancia e adecuación de bases áreas. Neste sentido, neste ano desenvolvéronse 16 liñas de actuación, o que supón o dobre das que se melloraron en 2008.

ACTUACIÓNS DESTINADAS A PARTICULARES

Núñez Feijóo explicou que en relación á xestión dos fondos destinados a particulares en materia de silvicultura e prevención de incendios, se está a actuar “con menos cartos en máis superficie e con máis beneficiados”. Así, como exemplo, no ano 2009 cun orzamento executado de 2,7 millóns de euros rexistráronse 300 beneficiarios e se actuou en 5.295 hectáreas, mentres que no 2011 con 2,4 millóns de euros se rexistrou un total de 322 beneficiarios, entre particulares e montes en man común con actuacións en 6.688 hectáreas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta destinou 270.000 euros para manter os empregos de traballadores con discapacidade en entidades da provincia de Lugo

Seguinte Nova

Monforte acollerá no Nadal o Campionato de España de Seleccións de Fútbol

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio