O Plan de Viabilidade Invernal, posto en marcha este mes pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, estará operativo ata abril cun investimento de 4 millóns de euros
Preto de 4 millóns de euros é o investimento que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, ven de dispoñer para manter as estradas autonómicas nas condicións máis axeitadas de circulación durante o inverno.
EQUIPAMENTO
O Plan Invernal de Estradas de Galicia implica a máis de 400 traballadores e técnicos, distribuidos en 25 centros operativos, equipados con 59 reservas fundentes, e 166 máquinas e accesorios para atender incidencias e eliminar riscos nas estradas. A rede viaria de titularidade autonómica inclúe preto de 5.500 quilómetros, dos que 965 reciben unha atención especial por considerarse particularmente problemáticas. O dispositivo invernal permanecerá operativo ata o 30 de abril de 2013. Dende a Consellería recomendan aos usuarios informarse sobre a situación das estradas e climatoloxía antes de realizar un desprazamento.