95 millóns de euros para pagar varias axudas do PAC

A Consellería do Medio Rural e do Mar, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) ordenou o pasado día 5 a transferencia de 65.742 pagos de varias axudas directas a explotacións agrarias derivadas da Política Agraria Común (PAC) por un importe de 95.268.941,22 euros. Este importe, sumado aos 41.059.674,61 euros pagados xa no mes de outubro como anticipo, cun máximo do 50% da axuda do pago único, supón un total de 136.328.615,83 euros que leva recibido o sector en concepto de axudas directas á agricultura e á gandería solicitadas neste ano e financiadas polo Fondo Europeo Agrario de Garantía (FEAGA).

ADIANTO DE MÁIS DE 4 MESES NO PAGO POR VACA NUTRIZ

Según suliñaron dende a Consellería de Medio Rural, o pago máis importante correponde ao réxime de pagamento único por explotación, desligado da produción, que se ven aplicando desde o ano 2006, e que recibirán 31.274 agricultores galegos por un importe total, incluíndo anticipo máis saldo, de 91.599.432,14 euros. Tamén se realiza, por primeira vez nestas datas e debido ás peculiaridades da xestión desta axuda, o pago do 100% da prima por vaca nutriz, o que supón un adianto de máis de 4 meses sobre o que viña sendo habitual. Deste pago benefícianse 9.947 produtores de carne de vacún, por un importe de 20.096.909,21 euros.

ADIANTO DOS PAGOS PARA COMPENSAR A SITUACIÓN DO SECTOR LÁCTEO

Ademais, tamén por primeira vez nestas datas e cun adianto de máis de 5 meses respecto do habitual, no sector da carne de vacún págase o 80% da axuda “para compensar as desvantaxes específicas” que afectan aos agricultores que manteñen vacas nutrices. O pago desta axuda ascende a 3.816.904,75 euros, beneficiando a 14.525 produtores. Especificamente para o sector lácteo, realízase o pago da axuda para compensar as desvantaxes específicas que afectan aos produtores do sector de vacún de leite. A través desta axuda, 9.666 gandeiros de leite reciben un total de 20.744.369,33 euros. Por último, realízase tamén un pago específico de 71.000,40 euros destinado a 330 gandeiros de cabrún con explotacións situadas en zonas desfavorecidas e que teñan polo menos 10 cabras.

PRÓXIMOS PAGOS

Do importe total pagado agora (95.268.941,22 euros) a meirande parte corresponde á provincia de Lugo, cun 52 %. Estas axudas da PAC baséanse nos dereitos de pagamento único, nas superficies e parcelas cultivadas, e nos animais e, tras os exhaustivos controis, efectúase o pago entre o 1 de decembro de 2012 e o 30 de xuño de 2013, aínda que en 2012 a Comisión Europea permitiu o pago dun anticipo a partir do 16 de outubro. Durante o mes de decembro faranse novos pagos, previndo ter abonado a finais de ano un 92% do pagamento único de Galicia.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Láncara exaltou a memoria das loitas agrarias

Seguinte Nova

Pulo para a agricultura ecolóxica e o forestal

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: