Este Nadal Bóveda está de estrea. A Casa da Cultura inaugurará a súa primeira exposición o 28 de decembro ás 20 horas, onde se poderán contemplar os traballos en pastel, acuarela e óleo do artista local Rubén Carral Fajardo. Esta exposición permanecerá aberta ao público ata o 15 de xaneiro.
CONCERTO DE ESTREO
Outra das estreas culturais que este Nadal dinamizarán a actividade en Bóveda é a celebración, tamén o día 28 de decembro ás 20 horas, do Concerto da Academia de Vento e Acordeón de Bóveda, que está no seu primeiro ano de andadura e de seguro sorprenderá co seu bo facer.
ACTIVIDADES DE NADAL
As actividades propias destas datas comezan o día 21, co Festival de Nadal no CEIP Rosalía de Castro ás 11 horas, onde o alumnado disfrutará de teatro e baile. Asimesmo, ponse en marcha a Ludoteca de Nadal na biblioteca da Casa da Cultura, para nenos de 5 a 12 anos. Os días 27 e 28 de decembro, e o 3 e 4 de xaneiro os participantes poderán disfrutar de xogos, obradoiros de postais e adornos de nadal, e contos. Para rematar, o día 5 terá lugar a tradicional recepción dos Reis Magos na Casa da Cultura, acto que contará cun animador e con entrega de agasallos.