A Pobra do Brollón anima o Nadal coa celebración do concurso de Tapas e de Cantos de Taberna

Gastronomía e tradicións vinculadas á taberna poñen a Brollón na primeira división do calendario de eventos para estes días de Nadal. Do 28 de decembro ao 5 de xaneiro desenvolverase a cuarta edición do Concurso de Tapas da Pobra do Brollón, no que participarán os establecementos da Salanova e Cantina de Julia, ambos de Salcedo, e Cafetería 1º de Mayo, La Vieja Taberna, Bar Avenida e Bar O Pirata, de Brollón.

NORMAS DO CONCURSO DE TAPAS DE BROLLÓN

Según explicaron os organizadores, cada establecemento participará cunha única tapa que puntuarán os consumidores a través das súas votacións. As bases do concurso estipulan un prezo por tapa de 0,60€, sendo obrigatorio consumir unha bebida con cada tapa. O horario do concurso será de 12 a 14 horas, e de 19 a 22 horas.

COMO VOTAR NO CONCURSO DE TAPAS DE BROLLÓN

A votación dos consumidores determinará qué establecemento será o gañador do Concurso de Tapas da Pobra do Brollón. Os votos serán consignados nos cartóns establecidos ao efecto nos locais participantes. Para ser válidos, os cartóns deberán presentar selados todos os recadros, non podendo repetir selos dun mesmo establecemento no mesmo cartón.

ENTREGA DE PREMIOS O DÍA DE REIS

Entre os participantes na votación sortearase un agasallo. Os premios ao establecemento gañador e ao cliente agraciado no sorteo do agasallo entregaranse o día 6 de xaneiro na Casa da Cultura dentro da programación de Reis.

CANTOS DE TABERNA NO ÚLTIMO DÍA DE TAPEO

Aproveitando o espazo lúdico e gastronómico onde transcurrirá o Concurso de Tapas, dende o Concello de A Pobra do Brollón convocan o II Concurso de Cantos de Taberna. Este evento terá lugar o 5 de xaneiro a partir das 16 horas, e os grupos serán quen de fixar o itinerario que estimen oportuno, sempre tendo como escenario os establecementos participantes no Concurso de Tapas.

INSCRIPCIÓN ATA O 3 DE XANEIRO

O concurso está aberto a un máximo de 10 grupos, que integrarán a non máis de 10 membros cada un. Os grupos serán incluidos no concurso por orde de inscripción, requisito que poderá realizarse de xeito gratuito ata o 3 de xaneiro indicando o nome do grupo participante e un teléfono de contacto. A inscripción poderá realizarse por correo electrónico na dirección biblioteca@pobradobrollon.es, ou no teléfono 982 43 05 46.

CADA TABERNEIR@ SERÁ O XUÍZ DOS CANTOS NA SÚA TABERNA

Según explican os organizadores, en cada taberna cantaráse polo menos un tema, preferiblemente tradicional, podendo interpretar o mesmo tema en todas as tabernas. Da puntuación encargaráse o taberneiro ou taberneira correspondente. Haberá tres premios para os gañadores, compostos os tres por un lote de produtos típicos, trofeo e diploma, que se entregarán o día 6 de xaneiro na Casa da Cultura.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Mercadillo solidario en Chantada

Seguinte Nova

Xogos, inglés, merendiña e máis tempo de lecer no II Campamento de Nadal de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio