Web, audiovisual e paneis interpretativos integran o novo paquete promocional desta Ruta que inclúe 60 establecementos asociados entre adegas, restaurantes, aloxamentos, museos e centros de interpretación, empresas de servizos turísticos, comercios e oficinas de información. A web da Ruta do Viño informa sobre a oferta relativa aos establecementos asociados, ademais de dar unha visión xeral da paisaxe, arquitectura e da tipoloxía do viño da zona. O audiovisual titulado “Somos Ribeira Sacra. Somos viño” busca a suxerencia das sensacións que a viaxe pola Ruta do Viño ofrecerá ao visitante. Por último, os paneis interpretativos están situados en Soutochao (Doade), Embarcadoiro de Santo Estevo, Embarcadoiro de Belesar e en Quiroga, xunto á Casa da Cultura.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa
O Concello da Pobra do Brollón está a desenvolver o programa «Déixate guiar», que ofrece cinco