O Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo celebrou o pasado 17 de decembro o pleno no que se aprobou o seu Orzamento para o ano 2013. Este Orzamento ascende a case 5 millóns de euros, concretamente a 4.768.218 euros, asumidos ao 50% pola Xunta de Galicia e pola Deputación de Lugo. O 98,3% desta cantidade está destinada á xestión do servizo contraincendios e emerxencias nos parques de Barreiros, Viveiro, Vilalba, Chantada, Sarria e Monforte de Lemos, quedando o 1,7% para custes de persoal. Con este presuposto, 120 bombeiros prestarán cobertura as 24 horas dos 365 días ó ano en 50 concellos da provincia.
Na zona norte, os parques de Barreiros, Vilalba e Viveiro atenderán os seguintes 25 concellos: Abadín, Alfoz, Barreiros, Burela, Begonte, Cospeito, Cervo, Foz, Guitiriz, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, O Valadouro, O Vicedo, Ourol, Outeiro de Rei, Pastoriza, Rábade, Ribadeo, Riotorto, Trabada, Vilalba, Viveiro, Xermade e Xove.
Na zona sur, os de Chantada, Sarria e Monforte de Lemos prestarán servizo a outros 25: Antas de Ulla, Baralla, Becerreá, Bóveda, Corgo, Carballedo, Chantada, Guntín, Láncara, Monforte, Monterroso, O Incio, O Páramo, O Saviñao, Pantón, Paradela, Pobra de Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribas do Sil, Samos, Sarria, Samos, Sarria, Sober, Taboada e Triacastela.
O pleno tamén tratou a elección do presidente e vicepresidente do Consorcio Provincial de Bombeiros. Os Estatutos deste organismo ditan que estes cargos se roten entre Deputación de Lugo e Xunta cada 2 anos. Dende 2010, o presidente da institución luguesa, José Ramón Gómez Besteiro, ocupou a presidencia deste organismo polo que agora asume a vicepresidencia. O Director Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva, ocupará no 2013 a presidencia do consorcio logo de que delegase nel o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda.
Ademais de Gómez Besteiro e Santiago Villanueva, participaron no pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros: Raquel Arias Rodríguez, delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo; José Antonio Fernández López, Subdirector Xeral de Seguridade e Coordinación da Consellería de Presidencia; Antonio Veiga Outeiro, vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo; José Alfonso Fuente, alcalde de Barreiros; Carlos Gueimunde Cabaleiro, concelleiro de Seguridade Cidadá e Protección da Comunidade en Viveiro; José Antonio García López, alcalde de Sarria; e José Antonio Mourelle Cillero, secretario da Deputación de Lugo.