Aprobado o orzamento de case 5 millóns para o Consorcio de Bombeiros

O Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo celebrou o pasado 17 de decembro o pleno no que se aprobou o seu Orzamento para o ano 2013. Este Orzamento ascende a case 5 millóns de euros, concretamente a 4.768.218 euros, asumidos ao 50% pola Xunta de Galicia e pola Deputación de Lugo. O 98,3% desta cantidade está destinada á xestión do servizo contraincendios e emerxencias nos parques de Barreiros, Viveiro, Vilalba, Chantada, Sarria e Monforte de Lemos, quedando o 1,7% para custes de persoal. Con este presuposto, 120 bombeiros prestarán cobertura as 24 horas dos 365 días ó ano en 50 concellos da provincia.

Reunión do Pleno do Consorcio de Bombeiros de Lugo para aprobar os orzamentos de 2013, coa presencia de Raquel Arias, delegada territorial da Xunta en Lugo; José Ramón Gómez Besteiro, presidente da Deputación; e os alcaldes dos municipios integrados no Consorcio. GPXG.

Na zona norte, os parques de Barreiros, Vilalba e Viveiro atenderán os seguintes 25 concellos: Abadín, Alfoz, Barreiros, Burela, Begonte, Cospeito, Cervo, Foz, Guitiriz, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, O Valadouro, O Vicedo, Ourol, Outeiro de Rei, Pastoriza, Rábade, Ribadeo, Riotorto, Trabada, Vilalba, Viveiro, Xermade e Xove.

Na zona sur, os de Chantada, Sarria e Monforte de Lemos prestarán servizo a outros 25: Antas de Ulla, Baralla, Becerreá, Bóveda, Corgo, Carballedo, Chantada, Guntín, Láncara, Monforte, Monterroso, O Incio, O Páramo, O Saviñao, Pantón, Paradela, Pobra de Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribas do Sil, Samos, Sarria, Samos, Sarria, Sober, Taboada e Triacastela.

O pleno tamén tratou a elección do presidente e vicepresidente do Consorcio Provincial de Bombeiros. Os Estatutos deste organismo ditan que estes cargos se roten entre Deputación de Lugo e Xunta cada 2 anos. Dende 2010, o presidente da institución luguesa, José Ramón Gómez Besteiro, ocupou a presidencia deste organismo polo que agora asume a vicepresidencia. O Director Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva, ocupará no 2013 a presidencia do consorcio logo de que delegase nel o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda.

Ademais de Gómez Besteiro e Santiago Villanueva, participaron no pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros: Raquel Arias Rodríguez, delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo; José Antonio Fernández López, Subdirector Xeral de Seguridade e Coordinación da Consellería de Presidencia; Antonio Veiga Outeiro, vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo; José Alfonso Fuente, alcalde de Barreiros; Carlos Gueimunde Cabaleiro, concelleiro de Seguridade Cidadá e Protección da Comunidade en Viveiro; José Antonio García López, alcalde de Sarria; e José Antonio Mourelle Cillero, secretario da Deputación de Lugo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Raquel Arias repite como delegada da Xunta en Lugo

Seguinte Nova

O monfortino Francisco Conde López, novo conselleiro de Economía e Industria

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: