Cómo aforrar un de cada seis depósitos de combustible no noso coche

O Inega publica unha guía para aforrar en combustible do 15% ao 20%

As familias galegas xa consumen o 30% do total da enerxía empregada na Comunidade Autónoma, cun gasto medio de 2.600 euros por fogar ao ano neste concepto. Se temos en conta que, según os datos da Consellería de Economía e Industria, a metade deste custe procede do gasto en combustible do vehículo particular, cómpre poñer en marcha práticas de consumo máis eficiente para reducir a nosa factura enerxética.

Unha condución eficiente fai o noso entorno máis sostible. Arquivo EC.

MELLORA ECONÓMICA E MEDIOAMBIENTAL

Con este obxectivo, o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), dependente da Consellería de Economía e Industria, ven de publicar a nova Guía prática de Aforro de Enerxía, onde se recollen unha serie de sinxelos consellos que poden supoñer un aforro de entre un 15% e un 20% no gasto de combustible. De levar á prática estes consellos de xeito regular, a Guía estima que se pode aforrar un de cada seis depósitos de combustible, o que non só aporta beneficios económicos, senón tamén medioambientais (pola diminución da contaminación) e de confort ao volante.

USO DAS MARCHAS

Entre as propostas para unha condución máis eficiente, a Guía recomenda arrincar o motor sen pisar o acelerador, empregar a primeira marcha o menor tempo posible (é mellor cambiar a segunda aos dous segundos ou aos 6 metros de percorrido), recurrir ás marchas largas sempre que sexa posible, e apagar o motor nas paradas que duren máis de 60 segundos. Ademais destas normas, a Guía detecta práticas menos coñecidas que baixan o consumo de combustible. Por exemplo, o uso axeitado do climatizador baixa o gasto ata un 20%, o uso de teitos praticables para ventilar a cabina do vehículo incrementa o consumo de combustible nun 15%, e conducir coas ventás abertas sube o gasto nun 5%.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello monfortino aporta 20.000 euros a Cáritas

Seguinte Nova

O mundo do teatro premia ao Proxecto Buxiganga

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: