O 19 e 20 de decembro tiveron lugar no Hotel Balneario de Guitiriz as sesións da xornada técnica promovida pola cooperativa Delagro, na que participaron más de 50 técnicos das cooperativas de Asturias, Cantabria e Galicia. As sesións versaron sobre os fertilizantes e o seu uso, partindo dos traballos realizados ao longo de dous anos dentro do proxecto PROFER, desenvolvido polo departamento de Edafoloxía da Escola Politécnica Superior de Lugo, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, e Delagro. Este proxecto amosou a importancia de analizar en detalle as características e terreos dos distintos cultivos para lograr fertilizantes adaptados que permitan diminuir os custes de produción das explotacións e unha redución do impacto medioambiental. Nas xornadas tamén se debatiu sobre a actualidade da PAC.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa
O Concello da Pobra do Brollón está a desenvolver o programa «Déixate guiar», que ofrece cinco