Láncara exaltou a memoria das loitas agrarias

O lugar elixido pola Federación Rural Galega (FRUGA) foi a parroquia de Trasliste, emblemática pola súa resistencia na loita contra a cota empresarial

A Federación Rural Galega-FRUGA, celebrou na parroquia de Trasliste, Láncara unha xornada reivindicativa dos movementos agrarios galegos máis importantes desde a Transición ata os nosos días. A xornada iniciouse cunha ofrenda no monolito que rinde homenaxe á firmeza do Sr. Xulián nos intentos de embargo que sufriu na loita contra a cota empresarial.

Un momento da ofrenda diante do monolito en memoria do Sr. Xulián, na parroquia de Trasliste. F.Cedida.

CONFERENCIA NA ANTIGA ESCOLA DE TRASLISTE

Trala ofrenda floral, tivo lugar a intervención do historiador e teólogo Francisco Carballo, que ofreceu unha conferencia sobre a historia das loitas agrarias en Galicia. Esta conferencia desenvolveuse na antiga escola de Trasliste. Durante a súa intervención, Carballo resaltou a importancia que ten na sociedade actual o pasado reivindicativo do campesiñado galego.

DEBATE SOBRE O PRESENTE E FUTURO DA LOITA AGRARIA EN GALICIA

Tras o tempo destinado ao xantar na casa de turismo rural Casa Grande de Láncara, tivo lugar unha mesa redonda onde se debatiu sobre o presente e o futuro das loitas agrarias galegas. Neste evento interviu como moderadora Maite Ferreiro, e contou coa participación do propio Francisco Carballo, Xurxo Álvarez, presidente de FRUGA, Emilio López, Fiz Castro e Esther López.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Máis de 5 millóns de euros na pasada lexislatura para obras rurais

Seguinte Nova

95 millóns de euros para pagar varias axudas do PAC

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio