A Xunta de Galicia investiu este importe a través dunha orde de axudas que subvencionaron a realización de infraestruturas de uso público en ámbitos urbanos e rurais por parte dos concellos de Galicia. Neste sentido, o vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, manifestou recentemente “o apoio do Executivo autonómico aos municipios galegos e á cooperación local” a través deste tipo de actuacións, como xa o manifestara na pasada lexislatura ao blindar as cantidades que perciben os concellos do Fondo de Cooperación Local, ou a través da creación do Fondo de Compensación Ambiental, no que por primeira vez na súa historia os concellos benefícianse do canon eólico.



