O restaurante tapería de deseño moderno bota a andar ofrecendo cociña de mercado, smoothies, cócteis e cafés de autor, cunha adega especializada en viños galegos
A rica oferta hosteleira de Monforte conta cun novo atractivo coa posta en funcionamento, a comezos deste mes de decembro, do Espazo Gastronómico da Praza de Abastos a través do restaurante tapería Picota.
TAPERÍA CON COCIÑA DE MERCADO
Este proxecto, emprendido polo recoñecido chef Damián Seijas, ven de completar a redefinición funcional dos espazos deste entorno, que mantén a súa singular fachada do ano 1929 e incorpora un interior arquitectónicamente renovado polas últimas actuacións no edificio. Unha redefinición que vincula visualmente o mercado de toda a vida co espazo expositivo para os Mercados temáticos e o espazo gastronómico que ocupa a nova tapería, e que se nutre precisamente da calidade dos produtos dos mercados para ofrecer a máis exquisita manifestación da cociña galega feita tapa. O selo do chef está presente nos detalles e no concepto deste restaurante tapería. Damián Seijas, formado nas Escolas de Hostelería de Vilamarín (Ourense) e de Santiago de Compostela, defínese como un “enamorado da gastronomía”. Con ganas de contar cun proxecto propio no que desenvolver os seus coñecementos e experiencia en diferentes países europeos, veu unha oportunidade na concesión do Espazo Gastronómico da Praza de Abastos monfortina, “que me permitía ademais estar en contacto directo cos praceiros para ter en conta os seus consellos e, tamén, para acceder a produtos ás veces difíciles de conseguir”. Esta simbiose co mercado da Praza “fai máis fáciles as compras e se nota moito no resultado final”.
MENÚS DE TAPEO
Calidade nos produtos e na confección da tapa, e imaxinación no deseño de menús son dous dos atractivos deste novo establecemento. En Picota ofrecen un menú degustación composto por catro tapas, dous postres, dúas bebidas e un café por 11€, e unha versión máis sinxela con dúas tapas, unha bebida, un postre e un café por 6€. Unha variada carta de viños galegos con todas as variedades de uva de Galicia completan esta proposta gastronómica.
DAMIÁN SEIJAS, PREMIADO POLA ELABORACIÓN DOS SEUS CAFÉS
Almorzos e merendas contan en Picota cunha especial atención. A leite fresca galega que se emprega para a elaboración de batidos e bebidas quentes garante a calidade do resultado final, que se completa cunha esmerada elaboración de café. “Temos unha oferta moi variada en repostería, preparamos zumos naturais de frutas e, a verdade, destacamos muy especialmente nos cafés”, comenta Damián, experto barista, especializado en café de alta calidad co que deseña estupendos capuccinos, espressos e todo tipo de presentacións con esencias e licores. A súa excelencia ven de ser recoñecida en Barcelona, onde acaba de recibir o Premio ao Mellor Espresso no VII Campeonato de España de Baristas, que complementa ao Premio Mellor Latte Art concedido nesta mesma convocatoria.
ATRACTIVAS FÓRMULAS PARA TODO O DÍA
A actividade non cesa no Espazo Gastronómico da Praza de Abastos, xa que nas horas mortas entre almorzos, xantar e tapeo a clientela pode disfrutar de produtos tan de moda como os smoothies (batidos a base de iogur), cócteis e os tan prezados gintonics. “Estamos todo o día ofrecendo o mellor para cada momento”, explica Damián, xa que Picota Espazo Gastronómico abre de oito da mañá a once da noite de martes a sábado, e os domingo de dez da mañá a catro da tarde, “excepto cando hai Mercado temático, que tamén abrimos o domingo todo o día”. A excelencia é a marca deste novo punto de encontro da hostelería de Monforte, que ten Galicia por emblema. “Tratamos de divulgar a nosa gastronomía sobre todo de cara aos visitantes, acompañando a calidade dunha boa presentación”.