Por iniciativa propia, o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, mantivera a comezos de ano unha reunión cos responsables deste colectivo, para coñecer de primeira man como está a afectar a actual crise á sociedade monfortina, e cales son as demandas de Cáritas para atender esta situación. A raíz desta reunión, ven de firmarse un convenio de colaboración entre o Concello e Cáritas mediante o cal o Consistorio aportará 20.000 euros para contribuír ó labor que desenvolve en Monforte esta asociación solidaria coas persoas máis necesitadas. Dende o equipo de Goberno municipal amosaron o seu convencemento de que “a solidaridade debe ser un piar na actuación de goberno”, e “o mellor xeito de facelo é colaborando e apoiando o esforzo diario destas organizacións solidarias”.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa