O monfortino Francisco Conde López, novo conselleiro de Economía e Industria

O conselleiro Francisco Conde López, no Parlamento. GPXG.

O novo conselleiro de Economía e Industria, o monfortino Francisco Conde López, estreuse en sede parlamentaria cunha intervención sobre a situación da planta do Oural de Cementos Cosmos. Conde López afirmou que o Goberno galego continuará co diálogo aberto coa empresa e os traballadores da cementeira para atopar unha solución que garanta a actividade.

A XUNTA “EMPREGARÁ TODOS OS INSTRUMENTOS DOS QUE DISPÓN” PARA GARANTIR A CONTINUIDADE DE COSMOS

O conselleiro de Economía e Industria sinalou que empregará “todos os instrumentos dos que dispón” para tratar de garantir a continuidade da empresa. “Podo asegurar que a Xunta, a pesar do escenario económico actual, está a facer e fará o que teña na súa man para que a actividade da fábrica e os seus postos de traballo se poidan manter”, afirmou Conde López.

ENCONTROS COA MULTINACIONAL

Neste sentido, durante esta intervención no Pleno do Parlamento galego, Francisco Conde resaltou que, días antes, o director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Javier Aguilera, mantivo unha xuntanza en Madrid cos directivos da Multinacional Votorantim, grupo empresarial do que depende a fábrica de cemento. En dito encontro, o Goberno galego manifestou a preocupación dos traballadores e da Xunta polo futuro da fábrica, e amosou a súa “total dispoñibilidade” para atopar unha solución que garanta o mantemento da actividade. Pola súa súa banda, o Grupo, que conta con plantas en León, Canarias, Andalucía e Galicia, trasladou a difícil situación do sector e a necesidade da empresa de levar a cabo unha análise das súas capacidades produtivas.

REUNIÓN COS TRABALLADORES

Esta reunión súmase á xa mantida cos representantes dos traballadores da planta de Oural, encontros que amosan a vontade da Xunta “para procurar que Cementos Cosmos manteña a actividade e o emprego na comarca”, demostrando, como destacou Conde, “que o Goberno galego está levando a iniciativa neste asunto, polo que os traballadores poden contar coa total implicación da Xunta na busca de solucións”.

A PLANTA DO OURAL “PODE SER RENDIBLE, E É NECESARIA PARA A COMARCA DE SARRIA”

“Cremos que a planta do Oural pode ser rendible, e é necesaria para a comarca de Sarria”, incidiu Conde, quen lembrou que Cementos Cosmos suma, ao seu emprego directo, un emprego inducido de máis de 400 postos de traballo, sobre todo en transporte. O conselleiro de Economía e Industria aludiu a profesionalidade dos traballadores da empresa, que están a defender “a continuidade dos empregos e da actividade” a pesar das dificultades que atravesa o sector da construción e os seus auxiliares.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aprobado o orzamento de case 5 millóns para o Consorcio de Bombeiros

Seguinte Nova

A Ruta do Viño presentou o novo material promocional.

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: