O Nadal enche Sober de dinamismo

NADAL NA BIBLIOTECA

As Merendas con Contos continúan ata o 21 de decembro a partir das 17,30 horas, e segue o bookcrossing, que cumpre xa 31 libros promovidos deste orixinal xeito. Asimesmo, o 21 de decembro remata o prazo dos Concursos de Nadal nas modalidades de poesía infantil e postais. A convocatoria partiu da Biblioteca Nodal de Lugo, e compiten todas as bibliotecas da provincia nas categorías de ata 8 anos, de 9 a 11 anos, e de 12 a 16 anos.

BELÉNS E CONCERTO DE NADAL

O concurso de beléns está aberto ata o 28 de decembro para particulares, parroquias e asociacións, que poderán visitarse o día 3. A entrega de premios será o 11 de xaneiro. Para máis información, está dispoñible o teléfono 982 460513 do Centro Sociocultural de Sober. O sábado 22 ás 19 horas inaugúrase o Belén de Sober e a exposición in memoriam do artesá Sergio Navarro, aberta ata o 7 de xaneiro no Centro Sociocultural. O día 22 será o concerto de Nadal, coa presenza de Papá Noel no Centro Sociocultural ás 19 horas.

REIS MAGOS

Visitarán Sober o 4 de xaneiro Sober, ás 12 no PAI e ás 18,30 no Centro Sociocultural. Ás 19:00 horas haberá teatro de marionetas a cargo de Teatro Monart.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A viaxe como recurso didáctico para o alumnado de Bóveda

Seguinte Nova

Clube de Lectura de Sober: tardes de conversa e lecer arredor dos libros

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio