O parlamentario monfortino Vicente Docasar estréase como voceiro socialista de Educación reclamando a recuperación do programa Preescolar na Casa

Docasar descartou as xustificacións económicas argumentadas polo Goberno da Xunta para a supresión deste programa educativo, “valorado en Europa como modelo a seguir”, e denunciou como causa “os axustes ideolóxicos que o Partido Popular está a facer en Sanidade, Educación, Xustiza ou Paradores”. O parlamentario monfortino lembrou que atender á infancia “é unha recomendación expresa do Comité de Dereitos do Neno de Nacións Unidas”, e que a primeira etapa da súa formación, “primordial no desenvolvemento do neno”, era o obxectivo do Preescolar na Casa. Docasar lembrou que “investir en servizos para a primeira infancia implica menos gasto futuro para atallar a tempo posibles situacións conflictivas”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Pulo para a agricultura ecolóxica e o forestal

Seguinte Nova

Mercadillo solidario en Chantada

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio