Operación Kilo nos Escolapios

Alumnado do colexio PP Escolapios de Monforte posa na explanada da Compañía diante dos lotes de alimentos recollidos na Operación Kilo deste Nadal. F.Cedida.

O colexio monfortino organizou a tradicional Operación Quilo para recadar alimentos non perecedeiros destinados a Cáritas Monforte. Esta iniciativa, agora chamada Operación Tonelada, tiña como obxectivo conseguir unha tonelada de alimentos. O alumnado de Infantil e Primaria foi aportando os seus lotes, e para motivalos fabricouse un “Termómetro Solidario”, no que cada alumno que facía a súa aportación depositaba unha bola que representaba a súa solidariedade, enchendo desta maneira o termómetro. Conseguido o obxectivo, o alumnado entregou todos os alimentos aos responsables de Cáritas, na explanada diante do Colexio.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte estreou o Espazo Gastronómico do conxunto da Praza de Abastos

Seguinte Nova

Obradoiros, teatro e concertos de Nadal a gusto de todos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio