O colexio monfortino organizou a tradicional Operación Quilo para recadar alimentos non perecedeiros destinados a Cáritas Monforte. Esta iniciativa, agora chamada Operación Tonelada, tiña como obxectivo conseguir unha tonelada de alimentos. O alumnado de Infantil e Primaria foi aportando os seus lotes, e para motivalos fabricouse un “Termómetro Solidario”, no que cada alumno que facía a súa aportación depositaba unha bola que representaba a súa solidariedade, enchendo desta maneira o termómetro. Conseguido o obxectivo, o alumnado entregou todos os alimentos aos responsables de Cáritas, na explanada diante do Colexio.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
A Asociación Veciñal do Saviñao, representada pola súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor, solicitou á Alcaldía un
A Asociación Cosmética Galega (ACG) comeza o seu camiño co impulso de vinte e dúas empresas
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un