Pantón celebra o Nadal

CONCURSOS DE POSTAIS E BELÉNS EN PANTÓN

A punto de coñecerse os resultados dos concursos de postais e beléns procedentes de parroquias, asociacións e familias, dende o Concello de Pantón anunciaron unha programación chea de eventos para manter a actividades nestes días de festa.

OBRADOIRO DE NADAL

Nesta actividades, poderán participar todos os nenos e nenas do concello con idades entre os 3 e os 12 anos. O obradoiro desenvolverase no Edificio Multiusos os días 26, 27 e 28 de decembro, e 2, 3 e 4 de xaneiro, en horario de 11 a 13,30 horas.

Os nenos e nenas de Pantón participaron activamente nos preparativos do Nadal en Pantón. F.Cedida

VISITAS DAS SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS

Ao longo da xornada do 4 de xaneiro, as súas Maxestades os Reis Magos visitarán o Centro de Día, a gardería infantil, os veciños de Ferreira e algunha parroquia máis do termo municipal de Pantón.

FESTIVAL DE REIS

O día 5 de xaneiro desenvolveranse dende as 17 horas diversos obradoiros infantís, con xogos, globoflexia e tatuaxes, entre outras actividades. Ás 19 horas está prevista a chegada dos Reis Magos de Oriente ao salón de actos do Edificio Sociocultural, onde serán recibidos pola Banda de Gaitas O Castro. As Súas Maxestades recibirán en audiencia aos máis cativos, e faranlle entrega de diversos agasallos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O mundo do teatro premia ao Proxecto Buxiganga

Seguinte Nova

O románico tira de Pantón

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio