Premios do VI Tapicheo de Sarria

3.000 participantes nun evento gastronómico xa consolidado na vila

O Tapicheo de Sarria segue a manter o seu tirón de edicións anteriores, con 3.000 participantes na votación para escoller as mellores tapas tradicionais e innovadoras. Todo un éxito deste evento “que funciona como bo dinamizador da hostelería local, e dá movemento e dinamización á vila”, comenta María Ana de Jesús, concelleira de Turismo e Comercio de Sarria.

A concelleira de Turismo e Comercio, María Ana de Jesús, ants do sorteo dos gañadores dos premios aos participantes na VI edición do Tapicheo de Sarria. F.Cedida.

ESTABLECEMENTOS PREMIADOS EN TAPA TRADICIONAL E INNOVADORA

Ave Turuta foi o establecemento que acadou o primeiro premio na modalidade de tapa tradicional, seguido polo Café Bar Atlántico, co segundo premio, e o Mesón Roberto, co terceiro. Pola súa banda, a modalidade de tapa innovadora deixou como primer galardoado á Cafetería Anduriñas, mentres que o 8MM levou o segundo premio, e o terceiro correspondeu ao Meigallo. A entrega dos galardóns en ambas categorías terá lugar durante a gala da hostelería, no primeiro trimestre de 2013.

PREMIOS PARA OS CLIENTES

Manuel López Vázquez foi o afortunado gañador dunha viaxe para dúas persoas ás Illas Canarias, por cortesía dos establecementos participantes no concurso. Asimesmo, Noemí Teijeiro Campo gañou unha estancia dunha noite para dúas persoas, en hoteis de España ou Portugal (Península Ibérica) por cortesía de Viaxes Ecuador Sarria. Miguel Ángel López Rodríguez foi o gañador dunha botella de viño Magnum de Albariño por cortesía de Don Pepe, mentres que a Luis López Meno lle correspondeu unha cea para dúas persoas en Matías Locanda Italiana. O lote de 10kg de Tenreira Cachena valorado en 150€, por cortesía de Cachenas de San Breixo correspondeulle a Jorge García Lebón, e o lote de viños por cortesía de Taberna da Pili foi para Adrián Corral Armesto. Por último, o lote de bebidas por cortesía de Distribuciones San Gil correspondeulle a Lorena García Lebón.

MERCAR EN SARRIA TEN PREMIO

Ata o 6 de xaneiro estará vixente a Campaña de Nadal que a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria (ACES) organiza por estas datas.  Os establecementos asociados repartirán entre os seus clientes papeletas para poder participar no sorteo de premios, que se celebrará o 8 de xaneiro. Os premios consistirán en 4 vales de compra por valor de 100€, e 12 vales de 50€, para realizar compras ata o día 31 nos establecementos asociados.

Asimesmo, un ano máis ACES asume a instalación da iluminación navideña coa colaboración de asociados e non asociados, mentres que o custe enerxético corre a cargo do Concello de Sarria.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

“No Xograr…os libros dan de comer”

Seguinte Nova

Máis de 5 millóns de euros na pasada lexislatura para obras rurais

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: