Para evitar desprazamentos fóra do municipio, e tendo en conta que, hoxendía, está aumentando o nivel de inglés requerido para acceder ao mercado laboral, dende a Concellería de Xuventude de Quiroga decidiron poñer en marcha un curso de inglés para preparar o exame do First Certificate da Universidade de Cambridge, titulación imprescindible para certificar un dominio básico deste idioma. Esta nova actividade conta xa cun grupo de 10 alumnos, que comezaron as sesións o 19 de decembro. Está previsto que as clases teñan lugar os mércores na Aula CeMIT da Casa da Cultura en horario de 17 a 18 horas. Os interesados poderán obter toda a información sobre este curso no teléfono 982 435 125.
Últimas noticias sobre CULTURA
• Maite Ferreiro destacou o contacto directo e continuo con concellos e asociacións para desenvolver unha
O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa – PACC vén de facer pública a lista dos que
En Lourenzá tivo lugar o acto de apertura das celebracións das Letras Galegas 2023 dedicadas este
Ata o 31 de xaneiro de 2023 poderá verse no Pazo de San Marcos de Lugo
O Consello de Cultura Galega organizou a pasada semana no Colexio da Nosa Señora da Antiga