Preparación para o First Certificate en Quiroga

Para evitar desprazamentos fóra do municipio, e tendo en conta que, hoxendía, está aumentando o nivel de inglés requerido para acceder ao mercado laboral, dende a Concellería de Xuventude de Quiroga decidiron poñer en marcha un curso de inglés para preparar o exame do First Certificate da Universidade de Cambridge, titulación imprescindible para certificar un dominio básico deste idioma. Esta nova actividade conta xa cun grupo de 10 alumnos, que comezaron as sesións o 19 de decembro. Está previsto que as clases teñan lugar os mércores na Aula CeMIT da Casa da Cultura en horario de 17 a 18 horas. Os interesados poderán obter toda a información sobre este curso no teléfono 982 435 125.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Clube de Lectura de Sober: tardes de conversa e lecer arredor dos libros

Seguinte Nova

Programación de Nadal en Quiroga

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: