O Foro Saúde, organizado por PLADESAPU, achegou a problemática da sostibilidade do sistema sanitario á sociedade
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública (PLADESAPU) organizou en Monforte o Foro Saúde, que dende o 12 ao 14 de decembro tentou de informar á cidadanía sobre a realidade dos medicamentos xenéricos, a situación das áreas sanitarias de Lugo e Ourense, e os modelos de xestión sostible da Sanidade pública. Sobre os xenéricos falaron os especialistas Bernardino Pardo e Isabel Coira, e os representantes das Plataformas de Lugo e Ourense informaron de como se están a levar a cabo as reestructuracións en ditas áreas. Por último, o Dr. Félix Rubial, director de Asistencia Sanitaria do Sergas, participou na sesión de peche, xunto co responsable de SOS Sanidade Pública de Galicia.