Profesionais do eido sanitario reflexionaron en Monforte sobre xenéricos e sostibilidade do sistema sanitario

O Foro Saúde, organizado por PLADESAPU, achegou a problemática da sostibilidade do sistema sanitario á sociedade

Un momento das xornadas informativas do Foro Saúde a cargo de profesionais de diversos eidos da Sanidade, que organizou PLADESAPU en Monforte do 12 ao 14 de decembro. EC.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública (PLADESAPU) organizou en Monforte o Foro Saúde, que dende o 12 ao 14 de decembro tentou de informar á cidadanía sobre a realidade dos medicamentos xenéricos, a situación das áreas sanitarias de Lugo e Ourense, e os modelos de xestión sostible da Sanidade pública. Sobre os xenéricos falaron os especialistas Bernardino Pardo e Isabel Coira, e os representantes das Plataformas de Lugo e Ourense informaron de como se están a levar a cabo as reestructuracións en ditas áreas. Por último, o Dr. Félix Rubial, director de Asistencia Sanitaria do Sergas, participou na sesión de peche, xunto co responsable de SOS Sanidade Pública de Galicia.

Un nutrido público asistiu ás xornadas do Foro Saúde, organizado por PLADESAPU en Monforte de Lemos. EC.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Delagro organizou unha sesión técnica en Guitiriz para técnicos das cooperativas asociadas

Seguinte Nova

Monforte estreou o Espazo Gastronómico do conxunto da Praza de Abastos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: