A área de Cultura organizou a visita de Papá Noel ao telecentro en colaboración co Colexio de Quiroga. Tamén está previsto o tradicional concerto de Nadal, a cargo da banda de gaitas San Martiño, o grupo de danzas San Martiño e a Coral Polifónica de Quiroga. O programa complétase coa proxección da película “O Apóstolo” e un concerto de canto e piano a cargo de Josep Ramos. Pola súa parte, Educación organizou a Ludoteca de Nadal e un concurso de postais en colaboración con Xuventude. Este departamento organizou os campionatos nos pubs da vila, nas modalidades de fútbolín, dardos, póker e do chupito veloz. No Centro Social terá lugar a xornada “Xuntos celebramos o Nadal”,co sorteo dunha cesta de nadal e un baile de despedida de ano. Deportes confirmou a participación das Escolas Deportivas Municipais no torneo Azkar, nas categorías alevín e infantil,e un torneo de fútbol sala de Nadal. O programa rematará o día 5 de xaneiro coa cabalgata de Reis.
Últimas noticias sobre CULTURA
• Celebrarase dende o mércores día 6 ata o domingo 10 de xullo e o festival
• Por primeira vez haberá unha inxección económica directa de 1,2 millóns de euros , especificamente
O XXIX Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, convocado e organizado polo
• Fixeron as cinco últimas etapas do Camiño Mozárabe-Vía da Prata contándolle aos seus máis de
• Dentro do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Vicepresidencia