Traballando pola seguridade vial na rede provincial de estradas

Desenvolvidos ao longo do ano, garanten as mellores condicións dos viais en caso de emerxencia

•Limpeza de ramas e desprendementos por mor do vento e a choiva son as incidencias máis frecuentes desta época •A mellora das condicións do firme segue en marcha todo o ano

As zonas 7 e 8 da Rede de Estradas provinciais, que integran os concellos do sur de Lugo, están a ser revisadas e mellorada ao longo de todo o ano.

PLAN INVERNAL E PLAN DE CONSERVACIÓN DAS ESTRADAS PROVINCIAIS

Nos meses de inverno, o operativo especial atende as incidencias derivadas da neve e o xeo, aínda que os equipos de mantemento seguen a traballar en tarefas como a limpeza de ramas ou desprendementos na calzada por mor da acción do vento e da choiva, os traballos máis frecuentes nestas datas. Asimesmo, continúa a detección de incidencias para a mellora das condicións do firme, como o rebacheo, e a reposición de sinais ou biondas.

TODO TIPO DE MELLORAS AO LONGO DE TODO O ANO

Os traballos de mantemento da Rede Viaria provincial desenvolvidos ao longo do ano, así como a posta en marcha do Plan Invernal, están coordinados dende o Servizo de Vías e Obras da Deputación de Lugo. Estes traballos incluíron a execución de aceiras, a reparación de blandóns e bacheos, a aplicación de zahorra e rego asfáltico nos puntos máis deteriorados, e un plan de tarefas de desbroce nas beiras para garantir as mellores condicións e, polo tanto, a nosa seguridade vial ao longo desta rede de estradas.

Tarefas de rebacheo. F.Cedida

Reparación de blandón. F.Cedida.

Os traballos de mellora dos viais da Rede Provincial de Estradas inclúen actuacións de envergadura, como a reparación do firme con zahorra . F.Cedida.

Outra das actuacións máis importantes na mellora da rede provincial é o acondicionamento con aglomerado. F.Cedida

Aplicación de rego asfáltico para a mellora dos viais provinciais. F.Cedida

As actuacións do plan de conservación e mantemento das estradas provinciais inclúen a execución de beirarrúas, para facilitar a mobilidade de peóns nos núcleos urbáns. F.Cedida
Limpeza dos restos dun desprendemento sobre a estrada. F.Cedida.

Eliminación da vexetación que afoga as beiras dos viais. F.Cedida

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Museo Xeolóxico de Quiroga cumpre o seu primeiro ano con sobresaínte en visitas

Seguinte Nova

Dotación do comedor do CEIP Xoán de Requeixo en Chantada

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: