Todo listo en Monforte para a II edición do Campamento Lúdico Bilingüe de Nadal, que este ano conta con máis horario, unha pequena merenda e con novos amigos e amigas, xa que poderán participar nenos e nenas a partir de dous anos, e ata os 12. Estas novidades recollen as suxerencias dos pais e nais dos participantes na pasada edición do Campamento, que foron rexistradas nunha enquisa realizada no seu día, e que serviu de base para deseñar o programa deste Nadal. Según explicaron a concelleira de Cultura, Pilar López, e a responsable de Kanguro Park, Eva Fernández, o Campamento desenvolverase os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e o 2, 3, 4 e 7 de xaneiro. As actividades para nenos e nenas entre 2 e 5 anos realizaranse no “Kanguro Park”, mentres que as dirixidas para as idades de 6 a 12 anos levaranse a cabo no Edificio Multiusos e no pavillón do CEIP Monforte, todo en horario de 9 a 14 horas. Asimesmo, todos os participantes recibirán a diario unha peza de froita ou un iogur líquido, e os máis pequenos poderán disfrutar da visita de Papá Noel.
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
O Restaurante Casa Antonio en Goián, no concello de Pantón leva 27 anos funcionando, comezou como
Madrid Fusión é sen dúbida o congreso de gastronomía máis influente de España, e acaba de
Medio Rural da Deputación de Lugo reforza neste 2023 o seu apoio á plataforma de venda
• A Seguridade Social dá servizo nas súas dependencias de Monforte a unha poboación de máis
O Concello de Bóveda vén de iniciar as obras para a creación dunha nave para viveiro