Esta actividade, incluida no programa Falaredes, desenvolveuse na capitalidade de Brollón o 29 de decembro, e en Taboada na pasada fin de semana. O espectáculo familiar “O Señor das Dunas’” está protagonizado por un vello mariñeiro que conta cinco historias populares galegas ao mesmo tempo que o seu axudante vai ilustrando con area as distintas pasaxes que recrea nos seus contos. Mediante unha moderna técnica, o público pode seguir a elaboración de cada ilustración nunha pantalla grande, ao son da música ambiente. Ao remate da función, e para promover a lectura e a transmisión interxeneracional da lingua galega, cada espectador recibirá como agasallo o libriño “Cinco Contos Galegos”, que recolle os debuxos e as historias da actuación.
Últimas noticias sobre CULTURA
Con este título, a fotógrafa e veterinaria Tamara Lebón, mostra na Casa de Cultura Lois Pereiro
A Antiga Prisión Preventiva de Sarria, hoxe sede da Oficina Municipal de Turismo, abriu as súas
Adrián Enríquez presentou o seu libro ‘Despertar en la oscuridad’ en Bóveda este sábado, nun evento
Terán lugar os días 6 e 7 de maio, e supoñen un punto de encontro entre