Entrega de premios do I Circuíto de Carreiras Populares, organizado polo GDR Ribeira Sacra

Raquel Arias animou aos concellos do sur de Lugo a unirse ao Plan Galicia Saudable

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ribeira Sacra entregou os premios correspondentes ao I Circuíto de Carreiras Populares, que integrou un total de oito probas celebradas noutros tantos concellos do sur lucense. Durante este evento, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, aplaudiu a iniciativa do GDR por “promover o deporte á vez que difunden e dan a coñecer a Ribeira Sacra”. Con respecto a este último aspecto, Arias resaltou que”nestes momentos de dificultade, as carreiras dinamizan os pobos que as acollen, que reciben non só aos participantes senón tamén aos acompañantes, e favorecen non só a competición senón tamén a confraternidade posterior”.

A delegada invitou a todos os concellos da Ribeira Sacra a adherirse ao Plan Galicia Saudable, plan impulsado polo Goberno autonómico en colaboración coas principais institucións e organizacións dos ámbitos educativo, sanitario, empresarial e social. No evento foron entregados os premios aos mellor clasificados, para o cal era obrigatorio participar en polo menos cinco das oito carreiras.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Mateo López Timiraos obtén o título de cinturón negro 2º Dan

Seguinte Nova

Premiados no certame de Poesía de Nadal 2012 en Monforte

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio