Entrega dos vales de compra do sorteo da ACES en Sarria

O comercio de Sarria premiou as compras do Nadal

Os comerciantes sarriáns repartiron catro vales de compra de 100€ e 12 vales de 50€

Os clientes e clientas que resultaron gañadores no sorteo dos dezaseis vales de compra organizado por ACES recibiron os seus premios na sede dos comerciantes de Sarria. EC.

Durante a campaña de Nadal que comezou o 17 de decembro e rematou o 6 de xaneiro, os comerciantes de Sarria repartiron papeletas entre a súa clientela para que participaran nun sorteo de 1.000 euros en vales de compra.

LISTADO DE GAÑADORES

O sorteo dos premios, que consistiron en 4 vales de 100 euros e 12 vales de 50 euros, premiou aos seguintes clientes: Luis Montero, Estrella Álvarez, Ana Fernández Álvarez e Roberto Martínez Arias, para os vales de contía superior. O resto dos vales correspondeu a Lorena López González, Alba Barja Núñez, Raquel Arias, María Jesús López López, Cristina Carballo Ibáñez, Jésica Caloto López, Conchi Fernández, Olga Silvosa López, Esther Dapena, Elena Muñoz, Mónica Díaz González e María José Carreira. A entrega de premios tivo lugar o 11 de xaneiro no local dos comerciantes de Sarria.

ESTABLECEMENTOS ONDE CAEU A SORTE

Os establecementos que repartiron sorte esta vez foron Diseño y Montaje Julio López, Moda Isabel, Moncho Moda, Joyería Díaz, Floristería Esther, Manuel Estilista, Peluquería Estilo, Meigallo Complementos, Senayo, Calzados Gayoso, Dimar e Mercería Sarillo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sarria incorporouse á rede de compostaxe doméstica

Seguinte Nova

Reclaman a apertura de Hemodinámica, Radioterapia e Medicina Nuclear no Hospital Lucus Augusti

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: