Mateo López Timiraos obtén o título de cinturón negro 2º Dan

Pertence ao Ximnasio Neka de Monforte

Ata o de agora, só había un taekwondista en Monforte con esta categoría, o seu entrenador José Mª Vega

O taekwondista Mateo López Timiraos, tras acadar o título de cinturón negro 2º Dan no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.(Foto Cedida).

O traballo constante e o esforzo por mellorar, unidos ás cualidades innatas de amosa o taekwondista Mateo López Timiraos, deron como resultado a consecución, o pasado 22 de decembro, do título de cinturón negro 2º Dan. Este importante paso de Mateo López na súa traxectoria dentro desta disciplina confirmouse tralos exames realizados no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

«LOGRO MOI IMPORTANTE»

Según comenta o seu entrenador, José Mª Vega, do Ximnasio Neka de Monforte, «este é un logro moi importante, xa que para chegar aí hai que ser cinturón negro 1º Dan, adquirir máis técnicas de gran complexidade, pasar varios exámenes, e todo isto, claro, cun entrenamento a fondo». Mateo López Timiraos convértese así na segunda persoa en Monforte con cinturón negro 2º Dan, despois do seu entrenador, José Mª Vega.

HABILITACIÓN PARA ACCEDER A TÍTULOS PROFESIONAIS

Esta categoría habilita a Mateo López para acceder a cursos de obtención do título de entrenador nacional e monitor de taekwondo, con só 17 anos. «O caso de Mateo López é dunha precocidade excepcional», suliña Vega, xerente do Ximnasio Neka. «Para ser cinturón negro 2ºDan hai que ter cumpridos os 16 anos, así que Mateo cumpre os prazos perfectamente, non se pode ir máis deprisa», suliña Vega. Según a normativa, ata dentro de dous anos non poderá presentarse ás probas para obter o 3º Dan, aínda que Mateo López ten intención de seguir examinándose para progresar nos diversos grados do cinturón negro.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Pantón acolleu o Torneo Gadis Cesta de Nadal

Seguinte Nova

Entrega de premios do I Circuíto de Carreiras Populares, organizado polo GDR Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio