Monforte vai poñendo cara de Entroido

O 31 de xaneiro celebrarase o Xoves de Compadres

Compadres e Comadres terán un novo premio de crítica social. Arquivo EC.

Monforte presume de Entroido, e por iso aínda co turrón entre os dentes xa está a matinar en comparsas e disfraces. Dende a Delegación de Cultura do Concello de Monforte veñen de convocar as actividades que encherán as rúas de cor e ledicia. Neste ano, a primeira cita co Entroido será o día 31 de xaneiro co Xoves de Compadres, e o 7 de febreiro terá lugar o Xoves de Comadres. O día grande será o 12 de febreiro, co desenvolvemento do espectacular Desfile de Comparsas e Disfraces do Martes de Entroido.

NOVO PREMIO PARA COMPADRES E COMADRES

Dende o Concello informaron de que este ano, os Xoves de Compadres e Comadres contarán con outro premio especial, ademais do da etnografía, que valorará a crítica social. O Concello destinará 2.500 euros, como máximo, ós premios destas dúas celebracións.

MARTES DE ENTROIDO

Por outra banda, o Desfile de Comparsas do Martes de Entroido iniciarase na praza da Estación ás 17:00 horas, percorrendo as rúas Calvo Sotelo e Roberto Baamonde para rematar na praza da Compañía. As modalidades de inscrición no concurso do Desfile de Comparsas e Disfraces están clasificadas por número de participantes. Así, na modalidade de adultos haberá cinco categorías: individuais (de 1 a 3 compoñentes), comparsas de 4 a 24 compoñentes, comparsas de 25 a 50 compoñentes, comparsas de 51 a 90 compoñentes, e comparsas de máis de 90 compoñentes. Na modalidade infantil, haberá dúas categorías: individuais (de 1 a 3 compoñentes), e comparsas de 4 compoñentes en diante. Poderán participar neste concurso tódalas comparsas e disfraces do concello de Monforte de Lemos, tendo opción ós premios establecidos nas bases. Así mesmo, as comparsas doutros concellos poderán participar no desfile pero sen opción ós premios establecidos para as comparsas locais. Estas comparsas, se o xurado o estima oportuno, poderán recibir outro tipo de premio.

OBRIGA DE ESTREAR COMPARSA E DISFRACE EN MONFORTE PARA PARTICIPANTES LOCAIS

Os grupos monfortinos que participen no concurso do Desfile do Martes de Entroido estrearán a súa comparsa ou o seu disfrace en Monforte, condición que non afectará ás comparsas de fóra.

ORZAMENTO PARA PREMIOS

A contía máxima dos premios concedidos neste concurso non poderá superar os 10.700 euros, destinándose 9.500 euros para as comparsas locais e 1.200 euros para as comparsas foráneas. Os interesados poderán recibir máis información na Delegación de Cultura, no teléfono 982 402501, ou na páxina web do Concello de Monforte de Lemos www.monfortedelemos.es.

CÓMO FORMALIZAR A INSCRIPCIÓN

As inscricións para participar no Xoves de Compadres, Xoves de Comadres e Desfile do Martes de Entroido deben realizarse no Rexistro Xeral do Concello. O prazo para rexistrarse na modalidade de Compadres remata o 30 de xaneiro ás 14 horas. No caso do Xoves de Comadres, o prazo remata o 6 de febreiro ás 14 horas. Para participar no Desfile de Comparsas e Desfraces do Martes de Entroido, haberá que rexistrarse antes do 8 de febreiro ás 14 horas. As instancias de inscrición poden recollerse no Rexistro Municipal, na Delegación de Cultura, ou na área de cultura da web municipal.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Premiados no certame de Poesía de Nadal 2012 en Monforte

Seguinte Nova

UGT-Lemos entregou as reivindicacións do convenio a FCC

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: