Pantón acolleu o Torneo Gadis Cesta de Nadal

Un total de 65 xogadores participaron, o pasado 22 de decembro, no Torneo Gadis Cesta de Nadal que se disputou no campo de golf do OCA Augas Santas Balneario&Golf Resort de Pantón. O xogador de Augas Santas Álvaro Sáenz-Díez foi o gañador na 1ª categoría con 35 puntos, seguido do campeón monfortino Manuel Hernández, con 33 ptos. Na 2ª categoría impúxose o xogador de Pozo do Lago Antonio Sánchez, con 37 ptos. Na 3ª categoría a primeira praza con 33 ptos foi para o madrileño Jacobo Álvarez. Ó remate da proba, o Delegado de Gadis na provincia, Gonzalo Corredoira, e o xerente de Augas Santas Golf, Rafael Sáenz-Díez, procederon á entrega de premios e sorteo de regalos, agradecendo ós xogadores a súa participación.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O sarrián Iván Cáceres, subcampión do Super Ranking nacional de Triatlón

Seguinte Nova

Mateo López Timiraos obtén o título de cinturón negro 2º Dan

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: